Presentación de CONTOS DA TERRA DA TARDE en Boiro

Categoría: Nova

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convidan á saída do número 74 do suplemento cultural 'A Voz de Barbantia', así como á presentación do libro 'Contos da terra da tarde', de Bieito Iglesias.
O acto terá lugar mañá venres 27 de abril, ás 20:30 h., no Salón de Actos do Centro Social de Boiro, e nel estarán presentes, ademais do autor, Xesús Laíño, presidente de Barbantia, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira, concelleira de cultura.
A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.

Comparte nas túas redes sociais ou por email