Presentación de CIRCE OU O PRACER DO AZUL na Coruña

Categoría: Nova

O acto de presentación será ás 20.00h, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Neste acto estará acompañada por Xosé Manuel Sánchez, vicepresidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Pilar García Negro e Goretti Sanmartín.
Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea.
Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.
Begoña Caamaño (Vigo, 1964) é xornalista. Redactora do Diario Cultural da Radio Galega, emisora na que traballa dende 1989. Antes traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza, e é autora de reportaxes e artigos nas revistas Festa da Palabra, Silenciada e DeLiberadaMente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email