Presentación de CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA en Vigo

Categoría: Nova

Aínda que o Día das Letras xa quedou atrás, este segue a ser o Ano Valentín Paz-Andrade. E así o comprobaremos, máis unha vez, mañá no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, no acto de presentación da que é a súa obra máis importante, 'Castelao na luz e na sombra'.
No acto participarán Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Alfonso Paz-Andrade, avogado e fillo do homenaxeado, Miguel Anxo Seixas, autor do limiar do libro, e o Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez.

Comparte nas túas redes sociais ou por email