Presentación de “A boneca de cristal”, en Vigo

Categoría: Nova

O venres 16 de abril, celebrarase, ás 20 h, a presentación do libro A boneca de cristal, de Majo Villar, na librería Cartabón de Vigo.
Acompañando á autora, asistirán o ilustrador Antonio Seijas e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo:
listacartabon@gmail.com
Este libro é un fermoso álbum ilustrado que conta a historia dunha bonequiña de cristal, pero non dunha calquera.
Majo Villar invítanos a entrar, a través da súa escrita, nunha historia de amor entre un pai e unha filla. Acompañadas polas ilustracións do talentoso Antonio Seijas, as lectoras e lectores gozaran desta obra singular, na que unha boneca de cristal e uns zapatos vermellos poden cambialo todo.
Non perdades a oportunidade de lela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email