
- Este evento xa pasou.
Presentación de “Aquí comeza o mar”, en Santiago de Compostela
4 Xuño | 12:30 - 13:30

O sábado 4 de xuño, celebrarase, ás 12:30 h, na libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra.
Acompañando a autora, estarán a escritora Inma López Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.