Presentación de “Álvaro Cunqueiro: O mundo e outras vísperas. Colaboración en El Pueblo Gallego (1932-1936)”, en Mondoñedo

Data e hora de comezo: 2, Xullo 2022 / 17:30
Data e hora de remate: 2, Xullo 2022 / 18:00
C.P.
O sábado 2 de xullo, celebrarase, ás 17:30 h, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a presentación do libro Álvaro Cunqueiro: O mundo e outras vísperas. Colaboración en El Pueblo Gallego (1932-1936) , coa asistencia de Rexina Vega, como moderadora, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Armando Requeixo, responsable da edición. Celebrarase dentro do programa II Encontro Álvaro Cunqueiro e Familia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email