Presentación de A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

Categoría: Nova

A escritora María Solar presenta o seu novo libro, "A verdadeira historia da mosca da tele", acompañada polo actor e director teatral Quico Cadaval e o editor e escritor, Francisco Castro. O libro, que publicamos na colección Árbore 10 anos céntrase nunha mosca que é, ao seu xeito, unha estrela da televisión e que vai vivir unha morea de aventuras que a vai levar de viaxe, canda outros insectos, por medio mundo.
María Solar, publicou tamén en Galaxia o álbum 'Vou ter un irmán!", recentemente nomeado finalista do prestixioso Frei Martín Sarmiento que conceden os escolares galegos.
A autora recoñece que a historia desta nova obra naceu nun plató de televisión, mundo que ela coñece ben pois a súa traxectoria como profesional do medio, concretamente na TVG, é longa e dilatada. A xornalista ten contado en moitas ocasións que dalgunha maneira semella como que hai moscas especializadas en amolar aos presentadores xusto no momento en que se inicia a gravación. Dese tipo de observacións naceu esta historia que está a engaiolar, xa, a moitos nenos e nenas do país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email