O escritor Antonio Piñeiro, que dende hai dúas semanas protagoniza no noso blogue un espazo arredor da súa nova novela A IDENTIDADE FASCINADA, presentará esta obra na feira do libro de Vigo o vindeiro luns ás 20.30 h. acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema.
Con A IDENTIDADE FASCINADA o escritor Antonio Piñeiro leva á literatura a Compostela universitaria dos anos oitenta e a fin dun tempo que sitúa na noite na que a explosión na discoteca Clangor puxo fin a unha etapa de entusiasmo. Como unha "novela híbrida" define esta nova obra, que ten elementos da novela, da autobiografía, do ensaio ou da crónica.