Masterclass da Escola de Letras: “Escoitando a Rilke”, con Francisco Castro

Categoría: Nova

O martes 25 de maio, celebrarase, ás 18 h, de maneira telemática, unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, que leva por título: Escoitando a Rilke. Que nos di o poeta sobre como escribir. Será impartida por Francisco Castro, director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia.
Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar.
Poderedes acceder a través da seguinte ligazón: meet.google.com/ggv-wxht-yav
Francisco Castro debullará diante dos asistentes á clase, os pensamentos, reflexións e consellos que Rainer María Rilke enunciou no seu célebre libro Cartas a un poeta novo que comezou escribir en 1902 e que se prolongou durante moitos anos en correspondencia con Franz Xaver Kappus, un militar moi novo que quería, ademáis, ser poeta. Rilke reflexiona nas cartas que logo se convertiron no epistolario máis lido da historia, sobre a creación literaria, a vocación de escritor, e a mirada que debe ter quen queira escribir.

Comparte nas túas redes sociais ou por email