María Fumaça en Vigo

Categoría: Nova

O tren musical de María Fumaça chega a Vigo, ao Auditorio Mar de Vigo o 4 de xaneiro ás 18,30 horas. O prezo das entradas será de 5 euros e poden adquirirse dende a web de www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500
'María Fumaça' é un espectáculo baseado no libro-disco-DVD editado por Galaxia e que é, sobre todo, unha aposta pola solidariedade e a empatía. A artista Uxía Senlle comanda un tren que chega ás seis e media da tarde deste sábado para ofrecer un concerto coas cancións do libro-disco-DVD 'María Fumaça', na que participan moitos amigos da escena e da música galega. Un proxecto que demostra que a diferenza sempre é un pretexto para ver máis lonxe e para ver mellor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email