Karra Errejalde promocionou A ESMORGA con Andreu Buenafuente

Categoría: Nova

O actor Karra Errejalde, un dos protagonistas, con Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" da película A ESMORGA dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e Televisión de Galicia, visitou na madrugada do martes para o mércores o plató do programa de La Sexta, 'En el aire' que dirixe Andreu Buenafuente e que é un dos programas de máis audiencia da televisión no conxunto do estado español.
Dende o primeiro momento Karra Errejalde explicou que a película saía dunha novela publicada orixinalmente en galego pola Editorial Galaxia. Agasallou ao xornalista catalán cun exemplar da obra que vimos de publicar no noso selo Mar Maior.
Preme sobre a ligazón á dereita destas liñas para ver a entrevista completa con Karra Errejalde.

Comparte nas túas redes sociais ou por email