Inma López Silva recolle o Premio San Clemente

Categoría: Nova

O pasado mes de Xuño a novela 'Memoria de cidades sen luz' de Inma López Silva foi recoñecida co premio Arcebispo San Clemente, un dos, en palabras da autora "premios máis bonitos que hai, porque é un xurado de alumnos e toman o seu labor moi en serio".
Con este novo galardón, a novela de Inma López Silva convírtese nunha das máis recoñecidas do ano, xa que, ademais do Blanco Amor, que recibira en 2008, foi merecente tamén do Premio á Mellor Obra na categoría de Narrativa por parte dos socios e socias da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Xa que logo, esta novela recibe o parabén, tanto dos principais destinatarios, os lectores e lectoras, así como dos colegas de profesión que vén e confirman a Inma López Silva como unha das escritoras con máis proxección do panorama literario actual.
Hoxe, os estudantes galegos recoñecerán, coa entrega do galardón, o seu talento e proxección.

Comparte nas túas redes sociais ou por email