Homenaxe a Xan Bouzada

Categoría: Nova

O reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, refiriuse onte a Xan Bouzada como "un dos catedráticos máis brillantes da Universidade de Vigo, un referente institucional e unha voz respectada que lle fai falta a unha Universidade tan nova como a nosa", na homenaxe in memóriam celebrada onte na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Vigo.
O rector fixo entrega á viúva de Xan Bouzada da insignia de ouro da Universidade de Vigo como recoñecemento ao seu labor, nun sentido acto no que participaron amigos e persoeiros de Bouzada coma Luís Álvarez Pousa e Henrique Monteagudo entre outros.

No acto, inaugurouse tamén a Aula Solemne Xan Bouzada e léronse múltiples adhesións persoais e de colectivos como o da Asociación Española de Socioloxía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email