
- Este evento xa pasou.
Homenaxe a Xan Bouzada
18/06/2009| 18:00
O Depto. de Socioloxía, Ciencia Política e da Admón. e Filosofía da Universidade de Vigo, en homenaxe ao que foi un dos seus membros máis sobranceiros, organiza esta mesa redonda baixo o título: "Socioloxía da Cultura e traxectoria de Xan Bouzada", que contará coa participación dos catedráticos de socioloxía D. Fermín Bouza Brey, da Universidade Autónoma de Madrid, e D. José Pérez Vilariño, da Universidade de Santiago de Compostela, e cos expertos en Socioloxía da Cultura e das Artes, D. Arturo Rodríguez Morató, da Universidade Autónoma de Barcelona, e D. Juan A. Roche Cárcel, da Universidade de Alicante.