Homenaxe a Ramón Cabanillas no Grove

Categoría: Nova

Editorial Galaxia e a Concellería de Cultura do Concello de Grove organizan esta homenaxe a Ramón Cabanillas de quen este ano se conmemora o medio século do seu pasamento.

Este sábado 10 de outubro, ás 19.30 h, na Casa da Cultura Lueiro Rei do Grove presentarase o libro RAMÓN CABANILLAS. CRÓNICA DE DESTERROS E SAUDADES, de Luís Rei. Estará acompañado neste acto por Antón Mascato, Víctor F. Freixanes e Patricia Arias Chachero.

Tamén se celebrarará o acto de inauguración da exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS, mostra que percorre a vida e a obra do cambadés. Esta mostra, producida por Merlín Comunicación, está organizada pola Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D.O. Rías Baixas e o Concello do Grove.

O acto contará coa actuación da soprano Andrea Búa Aguín.

Comparte nas túas redes sociais ou por email