Homenaxe a Paco Martín

Categoría: Nova

Editorial Galaxia vai ter un protagonismo especial no Festigal. Entre outros actos, o vindeiro sábado, ás nove da noite, Editorial Galaxia organiza este acto de homenaxe a Ramón Lamote cunha conversa con Paco Martín, na que intervirán Francisco Castro, Xavier Senín, e Xoán Balboa, ilustrador dos libros de Ramón Lamote.

Quérese recoñecer así a importancia de Paco Martín como un autor esencial á hora de crear lectores para a nosa lingua. Porque son lexión os que entenderon que se podía gozar da literatura infantil tamén en galego grazas ao seu Lamote. Por iso é xa algo aceptado falar da "Xeración Lamote", que incluiría tamén a outros autores fundamentais como Agustín Fernández Paz ou Xabier P. Docampo.

No marco do Festigal, xuntos no día grande de Galicia, renderemos homenaxe como cumpre a un dos grandes da literatura de Nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email