Fina Casalderrey no Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo

Categoría: Nova

A escritora galega Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo convidada polo Instituto Cervantes desa cidade.
Durante o acto, leranse textos da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego. Por outra banda a escitora catalana Gemma Lienas, de quen hai unhas semanas vimos de publicar 'O diario violeta de Carlota' fará o mesmo en catalán, e o escritor Patxi Zubizarreta en éuscaro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email