
- Este evento xa pasou.
Fina Casalderrey no Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo
21/02/2011| 21:00
Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo convidada polo Instituto Cervantes de Hamburgo. Durante o acto, leranse textos da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego. Por outra banda a escitora catalana Gemma Lienas fará o mesmo en catalán, e o escritor Patxi Zubizarreta en éuscaro.