Exposición de “Bebedeira de ensoños”, en Ourense

Data e hora de comezo: 6, Xuño 2022 / 19:00
Data e hora de remate: 6, Xuño 2022 / 20:00
C.P.
O luns 6 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca Pública de Ourense, a inauguración da exposición de Bebedeira de ensoños, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, comisariada por Ricardo Gurriarán. Esta exposición é un proxecto da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras. No acto, participarán Rosa Mª Díaz, directora da Biblioteca Pública de Ourense Nós, Ricardo Gurriarán, biógrafo, comisario e representante da familia de FDG, Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia, Armando Ojea Bouzo, tenente de alcalde de Ourense, e Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Agradécese confirmación nos teléfonos: 981 544 813 – 881 995 501 – 881 999 738 ou no enderezo electrónico secretaria.xeral. cultura@xunta.gal Os asistentes deben presentarse antes das 18:45 horas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email