Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Exposición de “Bebedeira de ensoños”, en Ourense

6 Xuño | 19:00 - 20:00

O luns 6 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca Pública de Ourense, a inauguración da exposición de Bebedeira de ensoños, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, comisariada por Ricardo Gurriarán.

Esta exposición é un proxecto da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras.

No acto, participarán Rosa Mª Díaz, directora da Biblioteca Pública de Ourense Nós, Ricardo Gurriarán, biógrafo, comisario e representante da familia de FDG, Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia, Armando Ojea Bouzo, tenente de alcalde de Ourense, e Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Agradécese confirmación nos teléfonos: 981 544 813 – 881 995 501 – 881 999 738

ou no enderezo electrónico secretaria.xeral. cultura@xunta.gal

Os asistentes deben presentarse antes das 18:45 horas.

Detalles

Data:
6 Xuño
Hora:
19:00 - 20:00

Lugar

Biblioteca Pública de Ourense
Rúa Canle, 6
Ourense, 32004
+ Google Map

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR