Espectáculo “Fazulas, o ladrón de paraugas”, nas festas de Vigo

Data e hora de comezo: 11, Agosto 2022 / 20:00
Data e hora de remate: 11, Agosto 2022 / 21:00
C.P.
O xoves 11 de agosto, celebrarase, ás 20 h, dentro da programación No verán... un conto, en Navia (entre os números 8 e 10 dos xardíns), o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email