
- Este evento xa pasou.
Espectáculo “Fazulas, o ladrón de paraugas”, en Soutomaior
25 Xuño | 20:00 - 21:00
O sábado 25 de xuño, celebrarase, ás 20 h, na alameda Talo Río de Soutomaior,o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel.
O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul.
A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.