Espectáculo “Fazulas, o ladrón de paraugas”, en Monforte de Lemos

Data e hora de comezo: 27, Agosto 2022 / 12:30
Data e hora de remate: 27, Agosto 2022 / 13:30
C.P.
O sábado 27 de agosto, celebrarase, ás 12:30 h, na Feira do Libro de Monforte de Lemos, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email