Espectáculo con Gramola Gominola, en Cidade de Libro (Vilagarcía de Arousa)

Data e hora de comezo: 19, Xuño 2022 / 20:00
Data e hora de remate: 19, Xuño 2022 / 21:00
C.P.
O domingo 19 de xuño, celebrarase, ás 20 h, na Praza II República de Vilagarcía de Arousa, dentro da programación de Cidade de Libro, o espectáculo Bravas. O rexurdir da luz, de Gramola Gominola. A infame Dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas. Poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da luz ao mundo? A GRAMOLA GOMINOLA conta a ritmo de rock & roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!

Comparte nas túas redes sociais ou por email