Conferencia de Xesús Alonso Montero

Categoría: Nova

O salón de actos da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, acolle hoxe ás 20:00 h esta conferencia do profesor Xesús Alonso Montero.

Esta actividade enmárcase na exposición, inaugurada a pasada semana, Fermín Penzol. Unha obra para un país, que se pode visitar na mesma fundación ata o vindeiro 30 de novembro.

Esta mostra, comisariada por María Dolores Cabrera e Henrique Monteagudo e producida por Merlín Comunicación, ofrécese como unha conmemoración, unha homenaxe de lembranza comunitaria a un gran mecenas galeguista, que soubo concretar o seu amor pola nosa terra nunha oferta rica pola historia pasada que recolle pero sobre todo fértil polo horizonte de futuro que sinala. Unha biblioteca e arquivo magnícos, que se erixiron en trabes mestras para (re)construír o pasado de Galicia e a súa cultura, e ao tempo ir sentado os alicerces do seu porvir. E se a biblioteca e o arquivo son lugares da memoria, onde queda o rexistro máis el da singradura dun país e dunha cultura, que xeito máis acaído de memorar o seu fundador ca cunha celebración do seu recordo, que ofrecéndoo como exemplo para as xeracións presentes e vindeiras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email