Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Concerto-recital de Carlos Caneiro e Emilio Rúa para celebrar o Día da Poesía

21/03/2013| 19:00

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cidade da Cultura celebrarán o vindeiro 21 de marzo o Día Mundial da Poesía co espectáculo 'Despois de ti, a chuvia', un exercicio escénico que ganduxa a arte de dous mestres das letras e da música: Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa.

'Despois de ti, a chuvia' é un proxecto conxunto de Xosé Carlos Caneiro –poeta, escritor e xornalista– e o músico Emilio Rúa. Poesía sinxela e elegante, coa particular visión do mundo e das cousas cotiáns de Caneiro, á que Rúa lle pon música de xeito doce e coidado. Na Cidade da Cultura, ambos os dous estarán acompañados polo músico José Gayoso.

O Centro de Innovación Cultural do Gaiás será o escenario que acolla este concerto-recital no que se sucederá unha mestura de sensacións e emocións que, segundo a segundo, e nota a nota acadan conmover ao espectador. O espectáculo dará comezo ás 19 horas e a entrada será libre e de balde ata completar o aforo.

Un proxecto trasladado ao directo

'Despois de ti, a chuvia' concibiuse orixinalmente como un proxecto editado en disco-libro por Francisco Castro (Editoral Galaxia) co apoio da CRTVG. O proxecto cobra agora vida, saltando do DVD ao directo, cunha xira de actuacións por diferentes teatros e salas de Galicia. Unha xira que contará cunha parada especial no Gaiás e que servirá para celebrar con todos os galegos e galegas o Día Mundial da Poesía.

Detalles

Data:
21/03/2013
Hora:
19:00

Organizador

Editorial Galaxia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR