Concerto de MARÍA FUMAÇA en Vigo

Categoría: Nova

Despois de parar o seu tren de alegría e música en Pontevedra e Santiago, a locomotora de María Fumaça chega este venres á cidade de Vigo. Será ás 18 horas no Auditorio Municipal cando Blanqui Francés, Uxía, "a marabillosa banda do cuartel" (Paqui, Fon, Varo e Olih), Chary, Iria e a súa mamá, Manuel Sío, Chus e Rui suban ao escenario olívico para bailar e cantar para axudarnos, a todos, a ser máis felices. Ese é o lema de María Fumaça e a sensación que están a contaxiar a todos os nenos e nenas do país.
Que non quede ninguén sen subir na locomotora máis festiva que nunca houbo nin haberá.

Comparte nas túas redes sociais ou por email