Concerto de Mamá Cabra en Ribeira

Categoría: Nova

Os Reis Magos xa están aí, chamando ás portas e de seguro que virán cheíños de libros en galego para agasallar aos nenos e nenas que se portan ben, ou sexa, a todos e todas.
E para esperar por eles como é debido, Mamá Cabra actuará este venres, no Auditorio Municipal ás 19 horas, para repasar toda a súa discografía máis tamén, e sobre todo, os temas que protagonizaron o seu libro-disco do ano pasado, feito para estes días de Nadal, 'Xa me tardan estes Magos' e que foi considerado pola Asociación Galega de Editores, Mellor Libro Infantil do ano 2011.

Comparte nas túas redes sociais ou por email