Concerto de Mamá Cabra en Cangas

Categoría: Nova

Música en vacacións. É a proposta que ofrecen o Concello de Cangas e a Editorial Galaxia co ciclo CANtiGAS no Nadal, orientado a que os máis pequenos poidan disfrutar das festas con alternativas lúdicas e a promoción do idioma propio.
O primeiro dos tres concertos celebrouse onte no Auditorio, donde A Gramola Gominola deleitou a centenares de persoas, a maioría nenos e nenas acompañados dos seus pais. Hoxe subirá ao escenario Magín Blanco para ofrecer o espectáculo baseado no libro-disco "A nena e o grilo nun barquiño", e mañá será o turno de Mamá Cabra, que chega cunha proposta baseada no seu último disco-libro, "A bruxa discordia".
O ciclo CANtiGAS no Nadal rematará mañá cun dos grupos máis representativos da música familiar en galego, Mamá Cabra, capitaneado por Gloria Mosquera e que chega co espectáculo baseado no seu último disco-libro, "A bruxa Discordia", no que a banda colabora coa escritora gaditana Carmen Gil, especializada en literatura infantil. Unha historia para fomentar a paz e inculcar valores positivos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email