Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

COMO SE FAI UN LIBRO

05/02/2007| 10:50

O libro é consecuencia da escritura e ista naceu da necesidade de representar e perpetuar as ideas. É pois un produto xenuino da intelixencia humana que nos acompañou, nas súas variadas formas, desde o albor da sociedade.

Esta exposición convídate a entrar no mundo do libro e da edición, a coñecer os seus aspectos técnicos, mais tamén os artísticos e históricos, e faino a través dun achegamento didáctico de doado percorrido e pracer.

A exposición divídese en catro módulos, de diferente extensión, que explican o longo percorrido do libro desde os seu albores ata os nosos días: Os soportes materiais da escritura; O libro na antigüidade; A imprenta na historia, e mais O proceso de edición. Complétase cun audiovisual sobre o proceso de fabricación dun libro, desde a o bosque que provee da madeira ata o andel da libraría.

A exposición, que estará no concello de As Pontes ata o día 16 de febreiro, percorrerá tamén os concellos de O Pino, Culleredo, Miño, Camariñas, Bergondo, Mañón, Outes, Boiro, e Vimianzo.

COMISARIOS: Pilar Sampedro e Gustavo Adolfo Garrido
DESEÑO ARTÍSTICO: Desoños
IMPRESIÓN E MONTAXE: Sixpress
AUDIOVISUAL: Paco Vila Barros

Detalles

Data:
05/02/2007
Hora:
10:50

Organizador

Editorial Galaxia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR