Circe ou o pracer do azul

Categoría: Nova

Hoxe, ás 20 horas, na Librería Couceiro de Santiago, presentarase a novela de Begoña Caamaño, 'Circe ou o pracer do azul'. No acto participan Víctor F. Freixanes, Goretti Sanmartín e a autora. Como remate do acto haberá unha actuación da cantante Uxía Senlle.

Nesta novela Begoña Caamaño (Vigo, 1964) relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.

Comparte nas túas redes sociais ou por email