CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO en Gondomar

Categoría: Nova

Este sábado será especialmente intenso para o libro 'Carta urxente para Máximo Toxo', de Diego Rey, na vila de Gondomar.
Así pois no club de lectura Lendo Contigo, que se celebra ás 12:00 h na Biblioteca Municipal Gondomar, falarase sobre o libro co seu autor.
E logo, ás 18:00 h, no Auditorio Municipal Lois Tobío, Gondomar, terá lugar a representación teatral da obra do mesmo título a cargo de TALÍA TEATRO.
Unha proposta completa para toda a familia, para gozar dun espectáculo familiar moi divertido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email