
- Este evento xa pasou.
Begoña Caamaño e Xosé Monteagudo na UVigo
21/10/2010| 21:00
Dentro do V ciclo de mesas redondas Escritores/as na Universidade terá lugar esta mesa redonda titulada "Narrativa galega recente", na que Xosé Monteagudo e Begoña Caamaño lerán fragmentos da súa prosa comentando os pormenores da súa actividade como creadores. O acto será presentado por Camiño Noia. Organizado pola AELG e a Facultade de Tradución de Vigo.