Antón Lopo presenta A PALABRA EXACTA. BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO

Categoría: Nova

O acto terá lugar na carpa instalada na Alameda compostelá, e xunto co autor participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Xosé Manuel Pereiro, xornalista.

Como xa fixera con Lorenzo Varela e Uxío Novoneyra, un ano máis Antón Lopo agasállanos coa biografía do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. O libro que presentamos é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se profundiza na figura e na obra dun dos escritores que mellor representa a individualidade en procura de sentido na sociedade contemporánea.

Comparte nas túas redes sociais ou por email