Marta Dacosta


(Vigo, 1966) comezou a publicar poesía na década de 1980, a través de colaboracións en diferentes revistas. O seu primeiro libro publícouse en 1993. Recibiu o accésit do premio Esquío e os premios González Garcés, Martín Codax, O Figurante e Johán Carballeira, entre outros. A súa obra foi recollida en antoloxías e traducida a varias linguas, sendo musicados algúns dos seus poemas ou incorporados a proxectos teatrais. Entre a súa obra poética destacan: Crear o mar en CompostelaPel de ameixaSetembroEn atalaia alertaAs Amantes de HamletCinsa, Acuática alma, Argola, Dun lago escuroNa casa da avoa Labirinto ou memoria.

www.editorialgalaxia.gal/autor/marta-dacosta/