Esther F. Carrodeguas

(Rianxo, 1979). Polifacética artista, esta rianxeira de boa cepa asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. A súa escrita máis persoal cabalga normalmente por riba dos lindes que separan os xéneros, de maneira que moitos dos seus textos resultan difícil de clasificar. Premiada en 2006 co Modesto R. Figueiredo, do Pedrón de Ouro, polo relato Subir o telón (Edicións do Castro, 2008), coa súa primeira publicción en solitario. Collage (Ed. Barbantesa, 2011), reafírmase nunha escrita fortemente persoal e poética. A partir de entón, a súa carreira profesional foi derivando de cara ao teatro, publicando diversos textos (máis ou menos imposibles) na revista Núa de artes escénicas. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia no ano 2016, déixase notar a súa formación previa como xornalista, non só na súa colaboración habitual na Revista Galega de Teatro, senón sobre todo no seu teatro que, sendo moi pético, nace en realidade dunha necesidade vital de investigación. Deste xeito naceu na butaca, pero tamén a premiada Voaxa e Carmín (Difusora de Artes, Letras e Ideas, 2016. Premio Abrente de Textos Teatrais 2015). Na actualidade dirixe, xunto a Xavier Castiñeira, a compañía teatral ButacaZero.

 

www.editorialgalaxia.gal/escola-de-letras-esther-f-carrodeguas/