Autor/a destacado/a:
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022
14/10/21

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa sexta edición. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: 1º Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega, conforme á normativa vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. 2º Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 80 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, ao enderezo:

Premio Illa Nova de Narrativa,

Travesía de Vigo, 71, soto,

36206 – Vigo.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 14 de febreiro de 2022. 3º Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto. 4º O xurado estará composto por lectores/as e persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, serán un total de cinco membros e un secretario ou secretaria en representación da Editorial Galaxia con voz, pero sen voto. 5º O premio outorgarase á obra que por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar deserto o premio. 6º A decisión do xurado será inapelable e farase pública nun acto en Vigo, sempre que as condicións sanitarias o permitan, que se celebrará na primavera de 2022, reservando a entidade organizadora o dereito a modificar esta data ou lugar se así o considera. 7º Entregarase un único premio, indivisible, de 3,000 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes). O autor ou a autora recibirá, ademais, unha escultura simbólica conmemorativa do Premio Illa Nova de Narrativa. A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría. 8º A obra premiada será editada e comercializada pola EDITORIAL GALAXIA na súa colección Literaria. 9º Os orixinais non premiados serán destruídos se despois de 1 mes da decisión non son retirados. 10º A Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 1 mes a partir do día en que se faga pública a decisión, un dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno acordo entre as partes. 11º A participación neste premio implica a plena e total aceptación destas bases.

“O idioma galego baixo o franquismo”, unha historia social da lingua durante a ditadura

En 1938, Franco afirmaba que na nova España totalitaria se imporía “una unidad nacional, que la queremos absoluta, con una sola lengua, el castellano, y una sola personalidad, la española”. Tras a caída de Cataluña, La Vanguardia publicaba un editorial titulado “Hablar como Franco”, unha consigna repetida ao longo das vindeiras décadas que sintetiza a política …

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de Inma López Silva

Despois do grande éxito nas súas primeiras edicións, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar con outros amigos das letras, asistindo a obradoiros con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Cun calendario ateigado de propostas, hoxe, martes …

Hoxe presentamos a III Edición da Escola de Letras

Hoxe celebrouse unha rolda de prensa arredor da III Edición da Escola de Letras, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo. Participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Paula Cabaleiro, directora de Cultura, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e o docente …

Presentación de “Monte pindo”, na Fervenza do Ézaro

O domingo 16 de xaneiro, celebrarase, ás 11:30 h, na Fervenza do Ézaro, a presentación de Monte pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, de Laura Suárez. Acompañando a autora, estarán o alcalde do Concello de Dumbría, José Manuel Pequeño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O Monte pindo é coñecido como o …

“As caras da miña choiva”, no Festival de Libro Baba Kamo de Valencia

A ilustración da portada de As caras da miña choiva, de Kristina Saite, foi seleccionada na Exposición Internacional de Ilustración “Babalunga i Kamolongos”, organizada polo Festival do Libro Baba Kamo de Valencia. O prestixioso xurado, formado por profesionais como Flávia Bomfim, ilustradora, comisaria, organizadora del FILEXPANDIDO – Festival de Ilustración y Literatura Expandido (Salvador – Bahia) …

A Fundación Vicente Risco e a Editorial Galaxia asinan un convenio de colaboración

Na tarde de onte, nas oficinas da Editorial Galaxia en Vigo a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira Porto, e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión, asinaron un Convenio de Colaboración para, xuntas ambas as entidades, espallar, publicar, dar a coñecer e reimprimir a obra de Vicente Risco dentro das coleccións da …

Presentación de “O outro lado da música, a poesía”, na Coruña

O mércores 12 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, a presentación de O outro lado da música, a poesía, de Luísa Villalta. No acto, estarán Susana Villalta, irmá da autora, o crítico literario e autor do limiar, Armando Requeixo, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A …

Domingo Villar e Xesús Fraga, as grandes vendas do Nadal

Rematado o ciclo comercial do Nadal é momento de facer balance das vendas. Con moita diferencia, os libros preferidos polas lectoras e lectores do noso país, segundo os datos recopilados en distintas librarías e polo que consta nas nosas bases de datos, confirman que Algúns contos completos, de Domingo Villar, e Virtudes (e misterios), de …

Esta noite recibiremos a visita dos Reis Magos

Nesta noite máxica, na que todo é posible, recibiremos a visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades, despois de ler con moita atención todas e cada unha das cartas recibidas, visitará todos os fogares depositando agasallos, cheos de agarimo, para a cativada, que foi tan boa e responsable durante estes tempos. Mañá, as …

Galaxia reedita obra de Florencio Delgado Gurriarán

A Editorial Galaxia anunciou para o primeiro trimestre deste ano unha serie de novidades e títulos moi diversos, unha parte deles marcados polo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. Del reeditarán as obras Bebedeira, Galicia infinda ou O soño do guieiro. Tamén, para esta ocasión, quixeron afondar no coñecemento deste …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR