Autor/a destacado/a:
Convócase o II Premio de Novela Camiño de Santiago
07/04/21

A Academia Xacobea en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e o patrocinio de ALUMINIOS CORTIZO S.U.L, convoca o II Premio de Novela Camiño de Santiago cuxa obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo, de acordo coas seguintes bases: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen cunha novela escrita en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. Os autores e autoras só poderán enviar unha obra a concurso, que deberá ser orixinal e inédita en todos os formatos e non poderá ter sido premiads noutros concursos. 2. Será outorgado un único premio dotado con TRES MIL EUROS (3.000.00 €) suxeitos ás retencións legais que resulten aplicables. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en galego e castelán pola Editorial Galaxia a través da súa colección literaria e do seu selo Mar Maior, respectivamente. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos da primeira edición (publicación, distribución e explotación) en castelán e galego do texto gañador. Estes dereitos corresponden, en exclusiva, á Academia Xacobea, que publicará a obra a través da Editorial Galaxia S.A. Ademais faranse entrega de vinte exemplares ao autor ou autora gañadora. Así mesmo establécese un accésit sen dotación económica para a mellor obra literaria presentada na lingua que non obteña o primeiro premio, ao que se concederá tamén diploma acreditativo. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que os orixinais presentados non reúnen a calidade suficiente. 3. O Camiño de Santiago será o tema referencial para a ficción narrativa, que deberá estar presente, de maneira notoria na obra na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria. Poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos. Terán unha extensión mínima de 200 páxinas a dobre espazo e tipo de letra arial 12, con marxes non superiores a 3 cms. Os autores remitirán as súas obras, na forma, prazo e requisitos que se establecen a continuación. Enviarase o arquivo en PDF da obra completa ao correo info@academiaxacobea.gal sen mencionar a autoría, e dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo á dirección postal:

Academia Xacobea Pazo de San Roque, 2

15781 Santiago de Compostela

Os exemplares deberán presentarse anonimamente e enviaranse nun sobre pechado, en cuxo exterior se indicará o título da obra, especificando: II PREMIO DE NOVELA “CAMIÑO DE SANTIAGO”. O sobre deberá conter, ademais outro sobre pechado dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico, breve currículo e unha declaración expresa de que a obra non foi premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin obxecto de publicación. Ademais deberá incluír no sobre xeral outro escrito no que conste a conformidade do autor ou autora coa cesión dos dereitos da primeira edición en papel e dixital, en galego e castelán, da súa obra para o caso de que resulte gañadora, incluídos os de publicación, distribución e explotación. 4. As novelas enviaranse antes do 15 de setembro de 2021. 5. O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo literario designados pola Academia Xacobea, un deles, en representación da Editorial Galaxia. Actuará como secretario do Xurado, con voz e sen voto, unha persoa designada para ese efecto. A composición do Xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, na páxina web da Academia Xacobea. 6. O Xurado actuará en única sesión, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer nun acto público no mes de decembro de 2021. 7. A entrega do premio terá lugar no acto público e na mesma estarán presentes representantes da entidade convocante, das institucións colaboradoras e da editorial, así como os membros do Xurado e o gañador ou gañadora. O día concreto será feito público coa suficiente antelación na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal. 8. Non se manterá correspondencia sobre a documentación presentada polos participantes. Os orixinais non premiados serán destruídos tras facerse pública a resolución de xurado. 9. A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte das persoas que participen na convocatoria, que ademais teñen o deber de comunicar á Academia Xacobea a concesión de calquera premio ou publicación que obteña a obra presentada durante o transcurso do premio e que producirá a automática a exclusión do mesmo. 10. A decisión sobre os aspectos non incluídos nestas bases ou aqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, correspóndelle á Academia Xacobea, a cal, unha vez consultados os membros do Xurado e as entidades colaboradoras, emitirá ditame que será inapelable.

Comeza o primeiro obradoiro da Escola de Letras con Inma López Silva

Onte comezou o primeiro obradoiro da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, coa escritora e docente Inma López Silva. Con 15 prazas cada curso, botou a andar onte en Vigo, de maneira telemática, o encargado de innaugurar esta segunda edición da Escola. Celebrase os días 15 e 22 de marzo; 12, 19 …

A Editorial Galaxia publica esta semana o libro inédito de Xela Arias

NON TE AMOLA! é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, Non te amola!, ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora …

Comeza a segunda edición da Escola de Letras

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, volve a abrir as súas portas ao alumnado este luns de xeito telemático. Baixo a premisa de “todos temos unha historia que contar“, inaugura o comezo da Escola a escritora Inma López Silva co seu Obradoiro Literario, previsto …

A Editorial Galaxia publica o novo traballo poético de Manuel Seixas

A Editorial Galaxia publica o novo traballo poético de Manuel Seixas Trevo. Triloxía de outono, poética de vida, morte e ausencia Logo dun silencio editorial de seis anos, volve Manuel Seixas a atoparse coas súas lectoras e lectores nun vibrante poemario que a Editorial Galaxia publica dentro da súa colección Dombate. Trátase dun libro que …

A Editorial Galaxia publica “As malas mulleres”, Premio Blanco Amor 2020

Estes días chega ás librarías de todo o país a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2020, obra de Marilar Aleixandre e titulada As  malas mulleres. A través das páxinas da novela, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 …

8 de marzo: Folga Feminista

Hoxe é 8 de marzo e coma sempre a Editorial Galaxia apoia a folga de mulleres que pretende visibilizar a importancia e esencialidade do traballo das mulleres. É un día moi importante na loita pola Igualdade, unha loita que a Editorial Galaxia sinte como propia. Feliz 8 de marzo para todas.

A Editorial Galaxia publicará unha completa biografía de Xela Arias

Montse Pena Presas é a autora da publicación. A primeiros do mes de abril, a Editorial Galaxia publicará a obra de Montse Pena Presas, Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias. A obra é froito dun rigoroso estudo da poeta de Sarria a cargo dunha das analistas literarias máis importantes do noso país e que xa …

Aleixandre e López Sández publican o seu libro sobre Emilia Pardo Bazán

Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento de Emilia Pardo Bazán, de Marilar Aleixandre a María López Sández, é o novo libro da Colección Feminismos. O resultado de dous intensos anos de traballo nos que as escritoras intercambiaron sinerxías para darlle vida a este novo título. Un libro necesario para seguir movendo os marcos do …

Presentación de “Movendo os marcos do patriarcado”, en Vigo

Hoxe presentamos na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo o libro de Marilar Aleixandre e María López Sández Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán e que publicamos na Editorial Galaxia dentro da colección Feminismos. Ademais das autoras, estiveron con nós no acto o presidente do Consello de Administración da …

Presentación de “Dormente”, en Vigo

O día 4 de marzo, ás 20 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Dormente, de Raquel Castro. Acompañando a autora, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: listacartabon@gmail.com O acto contará con todas as medidas de seguridade. O novo …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR