Autor/a destacado/a:
Convócase o III Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado
11/11/22

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.
Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: Primeira
Poderán optar ao III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia. O(s) autor(es) ou autora(s) garantirán a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificación de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente.
Segunda
Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica.
Terceira
As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG.
Cuarta
As obras a concurso deberán cumprir tamén as seguintes condicións: - O texto do álbum poderá presentarse xa incorporado á parte gráfica ou tamén por separado dela. En caso de presentarse o texto por separado enviaranse cinco copias impresas deste e outro xogo doutras cinco copias a cor do conxunto de ilustracións. Tamén deberán achegarse indicacións precisas de onde debe figurar o texto en cada páxina ilustrada. En caso de presentarse o texto xa incorporado á parte gráfica deberán enviarse cinco copias impresas a cor do álbum.
- As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contracuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 56 páxinas. - Os álbums presentaranse con título e baixo pseudónimo. Nun sobre á parte e cerrado figurarán o nome completo, DNI, enderezo postal e electrónico e máis o teléfono do autor ou autora. Todos estos datos de cada un dos autores da obra. - O autor/a ou autores/as presentarán na plica unha declaración xurada conforme de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non estar incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
Quinta
O prazo de admisión de orixinais rematará o 11 de febreiro. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo:

III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Concello da Estrada

Praza da Constitución, 1

36680 A Estrada (Pontevedra)

Sexta
Establécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas. O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2022, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2023, en concreto, na aplicación orzamentaria 2023/01/330/48000.
Sétima O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia. Oitava
O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio vinculadas ao mundo da creación e/ou da crítica literaria ou artística e será designado polo Concello da Estrada (tres membros), a Secretaría Xeral de Política Lingüística (un membro) e a Editorial Galaxia (un membro). Actuará como secretario ou secretaria do xurado, un dos membros do xurado a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio outorgarase por maioría simple de votos, podendo ser declarado deserto se o xurado así o estima. A decisión do xurado será inapelable.
Novena
As presentes bases publicaranse na web municipal www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais. O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.
Décima
Os orixinais non premiados poderán ser retirados polos autores ou autoras nas dependencias do Concello da Estrada durante o prazo dun mes que comezará a contar a partir do día no que se faga público o veredicto do xurado. Transcorrido este prazo, os orixinais serán destruídos. Para a retirada dos orixinais deberase pedir cita por correo-e ao seguinte enderezo cultura@aestrada.gal.
Undécima
A presentación ao premio implica por parte dos ou das concursantes a completa aceptación destas bases.

Recuperan a Ramón Piñeiro mirado por Casares

Ramón Piñeiro López nace na parroquia de Armeá de Láncara en Lugo no ano 1915. Dende mozo interviu no movemento galeguista e xa en 1932, en plena II República, entra en relación con círculos galeguistas lucenses, coa que participará na fundación da Mocidade Galeguista Local. Ao ano seguinte asiste á Asemblea do Partido Galeguista, onde …

Rei Ballesteros regresa á novela cunha historia provocadora e de pensamento e faino unha vez máis da man de Galaxia

Anxo Rei Ballesteros non renuncia ao pensamento nin a novela. Non renuncia tampouco a ser provocador ou incorrecto. O escritor presentou en Compostela o seu máis recente libro: Non sei cando nos veremos, publicado por Editorial Galaxia no que, en sentidos diversos aproveita a confesión que un pai fai dende o cárcere á súa filla …

Galaxia e Xosé Monteagudo presentan en Pontevedra no Café Moderno "Esta historia".

Carlos Lema, Antón Sobral e Xesús Constela acompañan ao escritor de Moraña na presentación da súa última novela Esta historia que Galaxia acaba de sacar do prelo. Monteagudo foi Premio Blanco Amor de novela no ano 2002 coa obra As voces da noticia, tamén editada por Galaxia. Nesta nova novela o morañés descóbrenos o que …

Galaxia publica en galego a última novela de Auster, [i]Brooklyn Follies[/i].

Brooklyn Follies aparece uns días antes en galego que nas súas versións en catalán e castelán. Galaxia adiántase ao lanzamento nas outras dúas linguas. Nesta novela un xubilado enfermo, Nathan Glass, relata a súa intención de mudarse ao barrio de Nova York para pasar con tranquilidade os seus derradeiros días, pero o destino e o …

Tres autores de Galaxia son galardonados cos Premios da Crítica

Máis de corenta membros de seis xurados diferentes decidiron o pasado sábado 6 de maio de 2006 no Hotel Mondariz de Mondariz Balneario os galardóns da XXIX dos Premios da Crítica de Galicia nas modalidades de creación literaria, investigación, ensaio e pensamento, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. No primeiro destes apartados …

Galaxia lanza a edición en galego do Terceiro Premio de Novela Europea.

O día 19 de abril de 2006 presentouse no Casino de Santiago o III Premio de Novela Europea concedido ao libro Xuntos e máis nada editado por Galaxia. O concorrido acto contou coa asistencia da autora, Anna Gavalda, que viaxou a Compostela expresamente para recoller o seu galardón. O certame suma enteiros coa repetición por …

Galaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.

Editorial Galaxia convoca na Feira do Libro de Compostela unha mesa redonda para abrir un dialogo, unha reflexión compartida, un debate sobre o momento que está a vivir a tradución de obras doutras literaturas no panorama literario galego do momento. Esta cita en Compostela cos libros ao aire reúne motivos abondo para non ignorala. Un …

Dúas obras de Galaxia son traducidas ao portugués por Deriva Editores

Antón Riveiro Coello e Xurxo Borrazás atópanse xa nos andeis das librarías portuguesas. As rolas de Bakunine é o título en portugués da obra do escritor da Limia que ten vendidas en galego xa catro edicións e que ademais acadou o Premio García Barros de novela no ano 2000. A edición portuguesa de Deriva inclúe …

Auster, Capote, Nélida Piñon. Galaxia leva ao galego novidades da literatura internacional

Galaxia co obxectivo de normalizar a lingua e achegar aos lectores galegos a literatura novísima de todo o mundo acaba de sacar do prelo Brookyn Follies e ten previsto editar nas vindeiras semanas un mangado de gorentosas novidades. Ademais dun libro de memorias do debuxante Hugo Pratt (creador de Corto Maltés) e unha novela de …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR