Autor/a destacado/a:
Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar
19/05/22

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado. É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o sentimos todas e todos os que tivemos a sorte de coñecerte, desfrutar das túas historias, e descubrir a túa maxia. Hai persoas que chegan ao mundo para deixalo un chisco mellor do que o atoparon, e Domingo Villar é unha delas. Un grandísimo escritor que, ademais de posuír un talento único, destacaba aínda máis pola súa gran calidade humana. Sempre amable, atento, escoitando de maneira sincera aos demais, cun sorriso. A túa perda é irreparable, pero o teu legado permanecerá para sempre nas túas historias e na nosa memoria. Sempre con nós. Fotografía: ©Pablo Vázquez

MOSTRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR EN OURENSE

O primeiro de decembro de 1979 falecía nun hotel de Vigo o escritor Eduardo Blanco Amor. Infarto de miocardio. Ingresou prácticamente cadáver no sanatorio do doctor Toscazo. Trasladado á súa cidade natal, Ourense, está soterrado no cimiterio de San Francisco. Tiña daquela 81 anos. No Liceo Recreativo da cidade de Ourense pódese admirar estes días …

Unha faciana pouco coñecida de Vicente Risco (debuxante)

Carlos Lema é o responsable da edición. Carlos L. Bernárdez e David Cortón aportan documentados ensaios que enmarcan e contextualizan a obra. Inclúese, asemade, un traballo do propio Vicente Risco, datado en 1917-1918 e publicado por entregas na revista La Centuria, onde o autor reflexiona sobre o que el denomina "a estética futura". Por primeira …

Galaxia publicará a novela finalista do premio Torrente Ballester

O finalista do premio Torrente Ballester foi escollido por maioría entre os membros do xurado, que destacaron "a súa recreación do ambiente teatral galego nun texto cheo de destreza literaria, con múltiples homenaxes á literatura universal". 32 dentes conta a historia dun autor teatral que de socato se converte en neno e debe seguir coa …

Unha historia na cidade de Oliveira

Coa presencia das primeiras autoridades entregouse na vila da Estrada (Pontevedra) o Premio que leva o nome de Manuel García Barros, que na súa XVIII edición correspondeu ao xornalista e novelista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) pola obra Lois e Helena buscándose un día de tormenta. O premio García Barros converteuse, ao longo destes …

Luz nos ollos

A luz que esta nena do estado de Kartnataka, na Unión India, ten nos ollos capturouna na súa cámara a fotógrafa galega Laura Lizancos. Editorial Galaxia prepara un libro de fotografías desta artista, centradas todas "no mundo dos outros mundos", onde tamén existe a beleza e alampea, malia todo, un lume de esperanza. Queremos compartir …

Xa está na rúa a nova novela de Paul Auster

Un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha …

O Corto Maltés, en galego

Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos …

A exposición "A ollada do desexo. Obra fotográfica de Eduardo Blanco Amor, 1933-1973" percorre Ourense

A exposición, producida por Editorial Galaxia, está comisariada por Carlos Lema quen escolmou un total de 69 fotografías do amplo arquivo fotográfico de Blanco Amor, miles de negativos que o escritor doou á Deputación de Ourense e que a institución garda como un prezado tesouro. Ista xira ourensá de "A ollada do desexo" encádrase no …

Galaxia editará las cartas de Otero Pedrayo a su madre

Actualmente se sigue con la recuperación de misivas de Otero Pedrayo. Durante este año y de la mano del profesor Xesús Alonso Montero, la fundación presentó la correspondencia ordenada, que versa sobre la muerte y la enfermedad . Además, se trabaja en la recopilación de la documentación del autor, centralizada en la Fundación Penzol de …

Erros na "Panorámica de la Edición Española, 2005"

Un deles refírese á produción da Editorial Galaxia. Segundo a "Panorámica de la Edición Española", esta editora publicou 66 novidades editoriais (rexistros de ISBN) no ano 2005. Os nosos datos de edición, cos seus correspondentes novos rexistros de ISBN, suman nese mesmo periodo 93 títulos (sen contar reimpresións), aos que cómpre engadir as 5 entregas …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR