Autor/a destacado/a:
Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar
19/05/22

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado. É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o sentimos todas e todos os que tivemos a sorte de coñecerte, desfrutar das túas historias, e descubrir a túa maxia. Hai persoas que chegan ao mundo para deixalo un chisco mellor do que o atoparon, e Domingo Villar é unha delas. Un grandísimo escritor que, ademais de posuír un talento único, destacaba aínda máis pola súa gran calidade humana. Sempre amable, atento, escoitando de maneira sincera aos demais, cun sorriso. A túa perda é irreparable, pero o teu legado permanecerá para sempre nas túas historias e na nosa memoria. Sempre con nós. Fotografía: ©Pablo Vázquez

Faleceu en Compostela o profesor Manuel Díaz

Especialista en lingua e literaturas latinas, era considerado un dos grandes medievalistas europeos. Nacera na vila de Mugardos, na Coruña, no ano 1925. Iniciou a súa actividade docente universitaria primeiro en Valencia e logo en Salamanca, para instalarse despois na Universidade de Santiago de Compostela (1968), onde desenvolveu unha importante escola de latinistas. Entre outros …

Exposición "Redes de coñecemento"

Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza a exposición REDES DE COÑECEMENTO. A Junta para Ampliación de Estudios e a Ciencia en Galicia, que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da …

JEAN-PHILIPPE TOUSSAINT EN GALICIA

Toussaint, un dos narradores franceses de meirande prestixio e sucesor literario do Nouveau Roman, chega a Santiago de Compostela o mércores, día 6 de febreiro, data na que se vai desenvolver un encontro con escritores galegos. Ao outro día, xoves 7, farase a presentación da novela Fuxir, publicada na colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, …

Ilustración e deseño no libro galego

Uqui Permui, Manuel Janeiro e Xosé Díaz acudiron á invitación de Galaxia para falar do presente e do futuro do deseño gráfico diante dun nutrido auditorio composto, en gran medida, por profesionais do sector e estudantes de Belas Artes. Xosé M. Soutullo, director de Produción de Editorial Galaxia, presentou os convidados e estableceu as pautas …

Encontros con Jean-Philippe Toussaint

"Debo recoñecer, con certa vergonza, que o primeiro que fixen cando me dixeron que ía ser traducido ao galego, foi procurar un atlas e ver onde estaba Galicia", comentou o escritor durante a presentación do seu libro, no casino de Santiago. "A tradución é un fermoso camiño de ida e volta, que nos comunica cos …

O escritor Francisco Castro incorpórase ao equipo de Editorial Galaxia

O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concurrida bitácora "A …

Preséntase o Grial 176: Xénero, sexo e sexualidade

Sexo e sexualidade. Velaquí un dos temas do noso tempo. Relacións de xénero e relacións de vida. Tamén relacións sociais, emocionais, políticas ideolóxicas, efectivas… Eros e Tánatos configuran a gran dualidade que explica o mundo e a condición humana dende o principio dos tempos. Dende unha perspectiva básicamente feminista este novo número da revista GRIAL …

Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, homenaxeados polo Pen Clube de Galicia

Arredor de duascentas persoas participaron na homenaxe. Logo da intervención de Luis González Tosar, presidente do Pen Clube, que glosou a significación e a historia desta institución, cunha lembranza especial aos seus primeiros presidentes: Alfredo Conde, Carlos Casares e Úrsula Heinze, tomaron a palabra a escritora Marilar Aleixandre, que glosou a figura de Isaac Díaz …

Harry Potter en galego

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha serie de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de ofrecerlles aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un …

"As mulleres están en terra de ninguén"

"Eu vexo o feminismo como unha teoría crítica", explica Celia Amorós, "no sentido do sistema xénero-sexo, que eu prefiro chamar patriarcado, termo que aínda que agora está moi desacreditado, creo que nunca foi tan pertinente". María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinan un número de GRIAL dende unha ollada decididamente feminista. Canda elas, participan como …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR