Autor/a destacado/a:
Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar
19/05/22

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado. É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o sentimos todas e todos os que tivemos a sorte de coñecerte, desfrutar das túas historias, e descubrir a túa maxia. Hai persoas que chegan ao mundo para deixalo un chisco mellor do que o atoparon, e Domingo Villar é unha delas. Un grandísimo escritor que, ademais de posuír un talento único, destacaba aínda máis pola súa gran calidade humana. Sempre amable, atento, escoitando de maneira sincera aos demais, cun sorriso. A túa perda é irreparable, pero o teu legado permanecerá para sempre nas túas historias e na nosa memoria. Sempre con nós. Fotografía: ©Pablo Vázquez

Rábade Paredes presenta o Premio Blanco Amor 2006

Mentres a herba medra, de Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, Lugo, 1949) é o XXV Premio Blanco Amor, prestixioso galardón que en 1981 gañou por primeira vez A vila asulagada de Daniel Cortezón e que, ao longo deste cuarto de século, reúne algúns dos nomes máis significativos da novelística galega contemporánea. O Premio Blanco Amor é, …

Galaxia presentou o Premio Novela Europea 2006

Organizado polo Casino de Santiago de Compostela, o Premio Novela Europea consolídase definitivamente como porta de entrada da narrativa estranxeira traducida para o galego coa publicación de Non me deixes nunca, a novela coa que Kazuo Ishiguro obtivo este galardón na edición do ano 2006. Editorial Galaxia, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello …

O novo Premio Ramón Piñeiro

A partir da sinatura deste convenio unifícanse os dous premios de ensaio Ramón Piñeiro que existían ata o de agora, dando lugar ao premio máis importante dos dedicados ao ensaio en Galicia, dotado con 6.000 euros e a publicacion da obra gañador por Editorial Galaxia. Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística, Luís Díaz, Director …

Cen anos de ciencia en Galicia

Ciencia e tecnoloxía. Información e coñecemento. O investigador Uxío Labarta, membro do consello de GRIAL e responsable do CESIC en Galicia, coordina este número (175) dedicado á memoria da ciencia e ao desenvolvemento do coñecemento científico na sociedade galega, cuestión intimamente relacionada coas nosas capacidades de desenvolvemento social e económico. Os traballos atinxen distintos ámbitos, …

Galiza e Europa, dous novos títulos de Camilo Nogueira

O venres, 19 de outubro, reuníuse en Lisboa o Consello Europeo -institución que integra os xefes de Estado e de goberno da UE- para aprobar informalmente o Tratado de Reforma que, substituindo ao Proxecto de Constitución e de acordo co compromiso de Bruxelas deste ano, baixo a presidencia da chanceler alemá Angela Merkel, reforma o …

Encontros con Jean-Philippe Toussaint

"Debo recoñecer, con certa vergonza, que o primeiro que fixen cando me dixeron que ía ser traducido ao galego, foi procurar un atlas e ver onde estaba Galicia", comentou o escritor durante a presentación do seu libro, no casino de Santiago. "A tradución é un fermoso camiño de ida e volta, que nos comunica cos …

O escritor Francisco Castro incorpórase ao equipo de Editorial Galaxia

O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concurrida bitácora "A …

Preséntase o Grial 176: Xénero, sexo e sexualidade

Sexo e sexualidade. Velaquí un dos temas do noso tempo. Relacións de xénero e relacións de vida. Tamén relacións sociais, emocionais, políticas ideolóxicas, efectivas… Eros e Tánatos configuran a gran dualidade que explica o mundo e a condición humana dende o principio dos tempos. Dende unha perspectiva básicamente feminista este novo número da revista GRIAL …

Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, homenaxeados polo Pen Clube de Galicia

Arredor de duascentas persoas participaron na homenaxe. Logo da intervención de Luis González Tosar, presidente do Pen Clube, que glosou a significación e a historia desta institución, cunha lembranza especial aos seus primeiros presidentes: Alfredo Conde, Carlos Casares e Úrsula Heinze, tomaron a palabra a escritora Marilar Aleixandre, que glosou a figura de Isaac Díaz …

Harry Potter en galego

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha serie de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de ofrecerlles aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR