Autor/a destacado/a:
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022
14/10/21

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa sexta edición. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: 1º Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega, conforme á normativa vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. 2º Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 80 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, ao enderezo:

Premio Illa Nova de Narrativa,

Travesía de Vigo, 71, soto,

36206 – Vigo.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 14 de febreiro de 2022. 3º Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto. 4º O xurado estará composto por lectores/as e persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, serán un total de cinco membros e un secretario ou secretaria en representación da Editorial Galaxia con voz, pero sen voto. 5º O premio outorgarase á obra que por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar deserto o premio. 6º A decisión do xurado será inapelable e farase pública nun acto en Vigo, sempre que as condicións sanitarias o permitan, que se celebrará na primavera de 2022, reservando a entidade organizadora o dereito a modificar esta data ou lugar se así o considera. 7º Entregarase un único premio, indivisible, de 3,000 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes). O autor ou a autora recibirá, ademais, unha escultura simbólica conmemorativa do Premio Illa Nova de Narrativa. A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría. 8º A obra premiada será editada e comercializada pola EDITORIAL GALAXIA na súa colección Literaria. 9º Os orixinais non premiados serán destruídos se despois de 1 mes da decisión non son retirados. 10º A Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 1 mes a partir do día en que se faga pública a decisión, un dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno acordo entre as partes. 11º A participación neste premio implica a plena e total aceptación destas bases.

María Mariño en Galaxia

A obra literaria de María Mariño vese especialmente marcada pola súa traxectoria biográfica e as súas vivencias. A intensa maneira de sentir o paso do tempo e a paisaxe das serras do Courel, coas que conviviu durante anos, transformándose nos principais eixes dunha obra poética coa que a escritora consegue transmitir o gran desacougo vital …

Un ensaio sobre a emigración gaña o Ramón Piñeiro

Convocado por Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006 foi para Psicopatoloxía do retorno, de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Na súa VI edición o xurado estivo composto por Benxamín Casal, Susana Reboreda, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema como secretario do xurado. O xurado …

Tres exposicións didácticas

Tres mostras didácticas e transportables que percorrerán durante os próximos meses os concellos de As Pontes, Lousame, Cambre, Teo, Camariñas, San Sadurniño, Rois, Padrón, Coirós, Zas, Carnota, etc, toda a provincia da Coruña, nunha iniciativa da Deputación Provincial (departamento de Cultura) que realizou a empresa Merlín Comunicación, do grupo Editorial Galaxia. Na AXENDA da nosa …

MOSTRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR EN OURENSE

O primeiro de decembro de 1979 falecía nun hotel de Vigo o escritor Eduardo Blanco Amor. Infarto de miocardio. Ingresou prácticamente cadáver no sanatorio do doctor Toscazo. Trasladado á súa cidade natal, Ourense, está soterrado no cimiterio de San Francisco. Tiña daquela 81 anos. No Liceo Recreativo da cidade de Ourense pódese admirar estes días …

Unha faciana pouco coñecida de Vicente Risco (debuxante)

Carlos Lema é o responsable da edición. Carlos L. Bernárdez e David Cortón aportan documentados ensaios que enmarcan e contextualizan a obra. Inclúese, asemade, un traballo do propio Vicente Risco, datado en 1917-1918 e publicado por entregas na revista La Centuria, onde o autor reflexiona sobre o que el denomina "a estética futura". Por primeira …

Galaxia publicará a novela finalista do premio Torrente Ballester

O finalista do premio Torrente Ballester foi escollido por maioría entre os membros do xurado, que destacaron "a súa recreación do ambiente teatral galego nun texto cheo de destreza literaria, con múltiples homenaxes á literatura universal". 32 dentes conta a historia dun autor teatral que de socato se converte en neno e debe seguir coa …

Unha historia na cidade de Oliveira

Coa presencia das primeiras autoridades entregouse na vila da Estrada (Pontevedra) o Premio que leva o nome de Manuel García Barros, que na súa XVIII edición correspondeu ao xornalista e novelista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) pola obra Lois e Helena buscándose un día de tormenta. O premio García Barros converteuse, ao longo destes …

Luz nos ollos

A luz que esta nena do estado de Kartnataka, na Unión India, ten nos ollos capturouna na súa cámara a fotógrafa galega Laura Lizancos. Editorial Galaxia prepara un libro de fotografías desta artista, centradas todas "no mundo dos outros mundos", onde tamén existe a beleza e alampea, malia todo, un lume de esperanza. Queremos compartir …

Xa está na rúa a nova novela de Paul Auster

Un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha …

O Corto Maltés, en galego

Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR