Autor/a destacado/a:
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022
14/10/21

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa sexta edición. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: 1º Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega, conforme á normativa vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. 2º Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 80 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, ao enderezo:

Premio Illa Nova de Narrativa,

Travesía de Vigo, 71, soto,

36206 – Vigo.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 14 de febreiro de 2022. 3º Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto. 4º O xurado estará composto por lectores/as e persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, serán un total de cinco membros e un secretario ou secretaria en representación da Editorial Galaxia con voz, pero sen voto. 5º O premio outorgarase á obra que por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar deserto o premio. 6º A decisión do xurado será inapelable e farase pública nun acto en Vigo, sempre que as condicións sanitarias o permitan, que se celebrará na primavera de 2022, reservando a entidade organizadora o dereito a modificar esta data ou lugar se así o considera. 7º Entregarase un único premio, indivisible, de 3,000 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes). O autor ou a autora recibirá, ademais, unha escultura simbólica conmemorativa do Premio Illa Nova de Narrativa. A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría. 8º A obra premiada será editada e comercializada pola EDITORIAL GALAXIA na súa colección Literaria. 9º Os orixinais non premiados serán destruídos se despois de 1 mes da decisión non son retirados. 10º A Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 1 mes a partir do día en que se faga pública a decisión, un dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno acordo entre as partes. 11º A participación neste premio implica a plena e total aceptación destas bases.

I Premio de Novela Camiño de Santiago

1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen cunha novela escrita en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. Os autores e autoras só poderán enviar unha obra ao concurso, que deberá ser orixinal e inédita en …

XII Premio de Narrativa Breve Repsol

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As obras poderán enviarse ata …

I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

BASES 1º- Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas de Idioma Galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas …

XXX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e …

I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. BASES: Poderán concorrer ao …

Reto Lector 2018

Bases 1. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas. 2. Para participar hai que ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria. 3. Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal dous arquivos de video a través da plataforma WeTransfer, …

I Premio Viadutos de Novela 2018

BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA DO PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2018                                                                      PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos na data de resolución do premio que presente a súa obra en lingua galega conforme ás normas ortográficas vixente.   Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non poderán ter sido publicados ou …

XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario …

Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018

A Editorial Galaxia convoca a segunda edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, …

Convócase o XI Premio Narrativa Breve Repsol

XI PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décima primeira edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, de acordo coas seguintes bases: 1. A este premio poderán concorrer todos os …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR