Autor/a destacado/a:
Convócase o III Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado
11/11/22

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.
Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: Primeira
Poderán optar ao III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia. O(s) autor(es) ou autora(s) garantirán a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificación de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente.
Segunda
Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica.
Terceira
As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG.
Cuarta
As obras a concurso deberán cumprir tamén as seguintes condicións: - O texto do álbum poderá presentarse xa incorporado á parte gráfica ou tamén por separado dela. En caso de presentarse o texto por separado enviaranse cinco copias impresas deste e outro xogo doutras cinco copias a cor do conxunto de ilustracións. Tamén deberán achegarse indicacións precisas de onde debe figurar o texto en cada páxina ilustrada. En caso de presentarse o texto xa incorporado á parte gráfica deberán enviarse cinco copias impresas a cor do álbum.
- As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contracuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 56 páxinas. - Os álbums presentaranse con título e baixo pseudónimo. Nun sobre á parte e cerrado figurarán o nome completo, DNI, enderezo postal e electrónico e máis o teléfono do autor ou autora. Todos estos datos de cada un dos autores da obra. - O autor/a ou autores/as presentarán na plica unha declaración xurada conforme de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non estar incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
Quinta
O prazo de admisión de orixinais rematará o 11 de febreiro. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo:

III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Concello da Estrada

Praza da Constitución, 1

36680 A Estrada (Pontevedra)

Sexta
Establécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas. O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2022, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2023, en concreto, na aplicación orzamentaria 2023/01/330/48000.
Sétima O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia. Oitava
O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio vinculadas ao mundo da creación e/ou da crítica literaria ou artística e será designado polo Concello da Estrada (tres membros), a Secretaría Xeral de Política Lingüística (un membro) e a Editorial Galaxia (un membro). Actuará como secretario ou secretaria do xurado, un dos membros do xurado a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio outorgarase por maioría simple de votos, podendo ser declarado deserto se o xurado así o estima. A decisión do xurado será inapelable.
Novena
As presentes bases publicaranse na web municipal www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais. O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.
Décima
Os orixinais non premiados poderán ser retirados polos autores ou autoras nas dependencias do Concello da Estrada durante o prazo dun mes que comezará a contar a partir do día no que se faga público o veredicto do xurado. Transcorrido este prazo, os orixinais serán destruídos. Para a retirada dos orixinais deberase pedir cita por correo-e ao seguinte enderezo cultura@aestrada.gal.
Undécima
A presentación ao premio implica por parte dos ou das concursantes a completa aceptación destas bases.

1Q84. A nova novela de Murakami

Dous volumes de 500 páxinas conforman "1Q84", a nova aposta narrativa de Haruki Murakami, que hoxe ve a luz no seu orixinal xaponés. O obra aborda o medo e é tanta a demanda que a editorial xaponesa xa ten preparadas tres edicións listas para saír. Haruki Murakami é, tamén, un dos nomes importantes do catálogo …

Galicia, unha economía europea

Se onte falabamos dos libros de Camilo Nogueira, esencial a súa lectura a unha semana escasa das eleccións europeas, hoxe é tempo de lembrar outra das novidades que Galaxia vén de publicar na súa colección Ensaio arredor da temática Europea. "Galicia, unha economía europea" é unha obra que sae das mans de Albino Prada Blanco …

Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia

A pesar de que o Día das Letras quedou atrás, a obra e vida de Ramón Piñeiro seguen a ser obxecto de estudo por parte dos máis importantes coñecedores da súa figura. Hoxe, Carlos Fernández falará sobre o autor de Láncara, ás 20.30 horas, no Burgo, no Edificio Multiusos do Concello de Culleredo. A súa …

Lembranza de Anxo Rei Ballesteros

Antonte daban comezo, como cada ano no Pazo de Mariñán, os Diálogos Literarios que organiza a Fundación Carlos Casares, unha das citas culturais máis importantes do país. Nesta ocasión, as xornadas, coordinadas polo poeta Román Raña deron comezo cun acto público no que, baixo do título de "Lembranza de Anxo Rei Ballesteros", tres persoas que …

Un conto de cegoñas

A Editorial Galaxia vén de publicar un libro singular, de gran formato, da autoría de Antonio Ventura e Leticia Ruifernández. "Un conto de cegoñas" é unha historia que pretende achegar a pequenos e grandes, unha reflexión lírica, a través das conversas e as reflexións dun grupo de cegoñas que, como di o tópico, están a …

Como coa comida feita a lume manso

Lembro cando hai anos o auténtico frenesí do xornalismo estaba apenas condicionado pola hora de peche da edición. Facíase de madrugada, a maioría das veces cos protagonistas da nova xa a durmir. Malia todo, a actualidade marcábaa basicamente ese ritmo demorado do diario. Hoxe queremos vivir na maior inmediatez, na pretensión inútil que nos fai …

A casa: con tarxeta ou efectivo

Levo aquí sentada todo o día nesta cama pensando, entre outras cousas, en que as habitacións dos hoteis teñen un perfil que me atrae. Son como imáns. Unha dase conta de que o espazo non lle pertence, pero é emocionante pegarse aos complementos xustos que transforman o estrano en puntos de calor. Dalgunha forma cando …

Literatura grande

Independentemente da crise, a nosa literatura é grande. Poderán faltar recursos, pero de imaxinación non imos escasos. Puidera ser que non teñamos todo o apio do mundo no que a difusión se refire. Pero á hora de escribir, os autores e autoras deste país non saben de fronteiras, e tratan todos os temas coa mesma …

Por favor, deixe a súa pegada dixital aquí

Un día, decateime de que internet estaba aí e palpitaba. Para alguén afeito ao papel, ao galope aceirado dunha máquina de escribir ou ás psicosomáticas caligrafías, ese universo paralelo chamado Rede arrecendía a posibilidade. Tamén a exploración orbital. Co comezo do novo século, asistín primeiro como voyeur a toda esa enxeñería de redes que se …

De feira

Partindo da experiencia da Feira do Libro de Vigo que acaba de rematar, fago unha serie de propostas extrapolables a calquera feira deste tipo que se organice en Galicia: – Necesidade de crear un espazo multimedia (páxina web, blog, ou facebook), como ferramentas que permitan unha interactividade entre a organización da feira e os asistentes, …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR