Autor/a destacado/a:
XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
16/09/22

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

  1. Poderán participar todas as persoas que o de sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega.
  2. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexiblemente esta condición, conforme a calidade obxectiva da obra seleccionada. Deberanse presentar cinco copias dos orixinais en formato DIN A4 mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
  3. O tema dos ensaios será libre mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico. A exposición do tema do ensaio deberase realizar exclusivamente mediante a escritura, sen empregar gráficos, cadros, fotografías ou elementos semellantes.
  4. Os orixinais deberán enviarse por correo certificado, baixo plica, a: Editorial Galaxia, Avenida de Madrid, 44, 36204 Vigo, e indicando no sobre XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
  5. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 30 de novembro do ano 2022 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro.
  6. Establécese un único premio de 3.000 euros (suxeito aos impostos que lle sexan de aplicación), que será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.
  7. Se ningún dos orixinais presentados reunise estes méritos ou o xurado así o considerase, o premio poderase declarar deserto.
  8. A contía do premio inclúe os dereitos de autor da primeira edición da obra gañadora. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o 10 por cento de dereitos sobre o prezo de capa sen IVE, para o autor ou para quen el libremente determine.
  9. A Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección “Ensaio” e na cuberta salientará, ao par da editorial, a Xunta de Galicia, e na contracuberta os logotipos das entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Caixa Rural Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  10. As copias dos orixinais non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas.
  11. A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado, cuxos membros, en número de cinco, nomearanse de común acordo entre as entidades convocantes.
  12. A presentación ao premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.

No pórtico do Día das Letras

Na semana das Letras Galegas, os actos arredor da vida e da obra de Ramón Piñeiro multiplícanse por todo o país. Presentacións de libros, coloquios, mesas redondas, actividades dirixidas a escolares, lectura pública dos seus textos… aparecen como pórtico dunha xornada -a do vindeiro domingo- na que o filósofo de Láncara recibirá a homenaxe de …

Camilo Nogueira, premio Antón Losada Diéguez

O escritor e político Camilo Nogueira recibiu esta fin de semana o galardón Antón Losada Diéguez pola súa obra "Europa, o continente pensado" no apartado de Ensaio e Investigación. No apartado de Creación Literaria, a merecedora do premio foi Chus Pato, co seu libro "Hordas de escritura". O xurado estivo integrado por representantes da Real …

Murado, Navaza e López Silva, os mellores do 2008

O pasado sábado, durante a gala de entrega dos premios ás mellores obras publicadas durante o 2008 organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, tres libros da nosa editorial recibiron premio. Por unha banda, na categoría de Ensaio, o escritor Miguel Anxo Murado sumaba un premio máis para a súa obra "Fin de século …

A importancia de ler a Piñeiro

Beatriz García Turnes preparou para a Editorial Galaxia o volume "Vida e Obra de Ramón Piñeiro," un texto esencial no que, ademais de facer unha viaxe pola súa vida de compromiso co país, nos ofrece unha antoloxía moi completa que nos permite acceder aos textos fundamentais do autor de Láncara. A escritora e profesora compostelana …

¿Hai tabús na literatura infantil e xuvenil?

Hoxe, ás sete do serán, dentro dos actos organizados no marco da Feira do Libro de Lugo, o escritor Francisco Castro manterá unha conversa co público arredor da existencia ou non de tabús na literatura infantil e xuvenil. Castro vén de publicar na colección Árbore 12 anos o seu novo libro "Chamádeme Simbad", no que …

Lembranza de María Vitoria Moreno

"Onde o aire non era brisa" foi traducida por Xavier Senín, un dos seus grandes amigos, que tivo palabras especialmente sentidas de admiración e afecto para a escritora. Os profesores do instituto Torrente Ballester de Pontevedra, onde María Vitoria Moreno exerceu o ensino durante anos, dedicáronlle unha especial homenaxe, co gallo da publicación do seu …

O segredo do humor

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia un ensaio esencial de Celestino Fernández de la Vega (1914-1986). "O segredo do humor" foi publicado orixinariamente no ano 1963 e está considerado unanimemente un dos cumios da ensaística galega. Neste libro, o autor de Friol plantea unha das reflexións máis sutís, rigorosas e orixinais …

Olladas sobre Piñeiro en Vigo

Hoxe, ás 20 horas, na Fundación Carlos Casares de Vigo, presentaremos o novo número da revista GRIAL dedicado a Ramón Piñeiro. No acto participarán Henrique Monteagudo, codirector da revista, o filósofo Carlos Fernández, o experto na obra de Piñeiro, Miguel Barros, e Damián Villalaín. Todos eles achegaron distintos traballos neste número da revista. GRIAL súmase …

Xosé Manuel Beiras, Premio Trasalba 2009

Con este galardón, a Fundación Otero Pedrayo recoñece no político santiagués a súa dedicación a Galicia, no espírito xeneroso desenvolvido no seu tempo pola Xeración Nós. O Premio, que ten carácter honorífico, entregarase, como todos os anos, na Festa Literaria que se celebra o derradeiro domingo de xuño (día 28), ás doce horas, na Casa …

Libros para Piñeiro

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR