Autor/a destacado/a:
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022
14/10/21

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa sexta edición. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: 1º Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega, conforme á normativa vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. 2º Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 80 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, ao enderezo:

Premio Illa Nova de Narrativa,

Travesía de Vigo, 71, soto,

36206 – Vigo.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 14 de febreiro de 2022. 3º Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto. 4º O xurado estará composto por lectores/as e persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, serán un total de cinco membros e un secretario ou secretaria en representación da Editorial Galaxia con voz, pero sen voto. 5º O premio outorgarase á obra que por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar deserto o premio. 6º A decisión do xurado será inapelable e farase pública nun acto en Vigo, sempre que as condicións sanitarias o permitan, que se celebrará na primavera de 2022, reservando a entidade organizadora o dereito a modificar esta data ou lugar se así o considera. 7º Entregarase un único premio, indivisible, de 3,000 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes). O autor ou a autora recibirá, ademais, unha escultura simbólica conmemorativa do Premio Illa Nova de Narrativa. A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría. 8º A obra premiada será editada e comercializada pola EDITORIAL GALAXIA na súa colección Literaria. 9º Os orixinais non premiados serán destruídos se despois de 1 mes da decisión non son retirados. 10º A Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 1 mes a partir do día en que se faga pública a decisión, un dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno acordo entre as partes. 11º A participación neste premio implica a plena e total aceptación destas bases.

No pasado mes de agosto, morreu en Madrid o escritor Fariña Jamardo

"Non sei se a morte de Fariña tivo algún eco entre nós", escribe Vicente Araguas, "mais eu, que adoito transitar polos nosos xornais, nada atopara ao respecto. E non é ata agora que sei por Manolo Pereira Valcárcel que o noso compañeiro de tertulia no Comercial finara o 19 de agosto no ano en curso, …

Galaxia no CULTURGAL 08

Velaquí a relación de actos organizados por Galaxia nos que agardamos contar coa vosa presencia: – Xoves 4 de decembro, ás 20.00 h, presentación da novela MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ, de Inma López Silva. Premio Blanco Amor 2007. Participan Carlos Lema, Mariana Carballal e a autora. – Venres 5 de decembro, ás 19.00 h, …

Aberta a exposición "Editar en galego baixo a censura franquista"

No acto de inauguración participaron Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente da Fundación Penzol, e Xosé Manuel Dasilva, Comisario da exposición. Nas súas intervencións todos salientaron o papel nefasto que a censura franquista tivo sobre o …

"A choiva do mundo" no Ateneo de Ourense

A choiva do mundo é unha novela coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, un mosaico feito con anacos da vida no que o amor e o desamor, a loucura, a soidade e a terra se encarnan en máis dun cento de personaxes de lugares e tempos dispares. Metáfora da construción perpetua do mundo …

Unha reflexión para o novo milenio

En palabras do seu autor (que en 2002 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A submisión das masas), o ambicioso proxecto editorial (nove volumes) é o resultado dun longo proceso en parte de carácter colectivo, que comezou a principios dos anos 70 e chega practicamente aos nosos días, e no que Basilio Lourenço …

Rematou o CULTURGAL

A segunda edición do Culturgal remata deixándonos unha máis que agradable sensación, tanto polo aumento da participación do público como pola calidade das iniciativas amosadas e dos productos presentados. A Editorial Galaxia tivo un especial protagonismo ao longo de todos estes días de Feira, cunha programación na que abondaron as presentacións de libros e os …

Entrega do Premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Marisol López Martínez, e contou coa asistencia do novo Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, Ángel Crespo, o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o voceiro do xurado Anxo Tarrío. Angel Crespo, novo responsable de Repsol na Coruña, amosou …

NOVIDADES NADAL 08

O xornal conta con dezaoito páxinas de información arredor dos novos lanzamentos da editorial. Entrevistas, novas, reportaxes e suxestións que non deixan fóra ningún chanzo de idade, desde os máis cativos aos últimos lanzamentos literarios. Nesta publicación informamos das novidades que, coincidindo co Ano Ramón Piñeiro que celebraremos en 2009, a Editorial Galaxia vai dar …

"O branco país sen neve" e "A serea do mundo", de Encarna Otero, chegan ás librerías

Cando se lle pregunta á autora que quixo transmitir ao escribir estas dúas historias, contesta: "Os retallos cosidos co fío dos soños teñen moitas cores e ademais brillan de xeito diferente segundo a luz que teñan os ollos que os miran; mais tamén a súa textura varía segundo sexa a tenrura dos dedos que acariñan; …

Novas olladas sobre a economía galega

Presentouse o libro na sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Luis Méndez Romeu, e no que estiveron presentes algúns dos autores dos traballos, ademais dos coordinadores académicos da edición. Xaquín Álvarez Corbacho insistiu na necesidade de profundizar no …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR