Autor/a destacado/a:
71 anos da Editorial Galaxia
23/07/21

Un 25 de xullo de 1950 celebrábase no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia. Quenes estaban alí compartían un soño que non entendía de limitacións ou dificultades. A base de valentía, forza e un compromiso férreo, creouse o que hoxe é a casa literaria de Galicia. Presidida por Ramón Otero Pedrayo,a aquela primeira xuntanza asistiron personalidades senlleiras do galeguismo, como Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista. Configurábase daquela o núcleo principal da resistencia cultural e política do galeguismo, obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da Guerra Civil. Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro, foron as tres personalidades que dende o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega, nos tempos difíciles da ditadura. Non estaban todos. Algúns non puideron asistir, entre outros Ramón Piñeiro, que viña de saír da cadea. Mais había representantes do exilio e da emigración, principalmente das colectividades galegas de Bos Aires e de Montevideo. Son só algúns dos nomes das personalidades que participaron para erixir este proxecto, que sempre entendeu a editorial como unha casa común para a cultura galega, ao servizo do país. Valores que seguen sendo a nosa razón de ser e que, incorporados aos tempos actuais, permanecen vixentes na editorial. Inspirada polo espírito da xeración Nós, Galicia e a nosa lingua sempre foron os seus principios e razón de ser. Unha busca compartida, por un grupo de intelectuais, que buscaban recuperar a actividade pública da cultura galega trala catástrofe da Guerra civil. O primeiro libro publicado por Galaxia foi Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, que saiu do prelo en abril de 1951. O primeiro dun total de 4.000 títulos, ideados en favor á conformación da cultura galega e a resistencia cultural ao franquismo. Este é un proxecto de futuro que se fundamenta no noso compromiso coa lingua e a cultura galega. O noso catálogoestá cargado de clásicos, novidades, traducións da literatura universal e éxitos internacionais. Unha proposta que non deixa de medrar e actualizarse cos tempos que vivimos. Un proxectoque nace e medra na raíz máis profunda de Galicia.

Editorial Galaxia inaugura a exposición: [i]Travesías. Galicia terra de navegantes[/i] con sede en Vigo, Pontevedra e Ferrol

Travesías é unha exposición multicéntrica que nos fala de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente con Galicia, mergúllase no mundo do mar dun xeito didáctico e ameno, para mostrar a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos. Pretende que o visitante integre na súa memoria histórica as relacións que as xentes do pasado estableceron co …

Grial incorpora o Anuario de Estudos Literarios Galegos ao seu proxecto.

O Anuario Literario, que nesta nova etapa dirixe Dolores Vilavedra, actualízase logo de once anos de publicación ininterrompida. Os obxectivos dos evidentes cambios na maqueta, á parte de adecuárense á imaxe corporativa de Grial, procuran, en palabras da súa directora "facilitar o acceso do lector á información" e lograr que a publicación sexa máis efectiva …

Tamén en letras galegas

A tradución sobre todos das obras clásicas, constitúe unha das principais materias pendentes da literatura galega, segundo puxo de manifesto o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. De Romeo e Xulieta a Crime e castigo, pasando por As ondas ou os mellores poetas de Inglaterra e Francia, as referencias máis indiscutibles da historia da …

Anxos Sumai publicará en Galaxia unha segunda entrega dos seus diarios en Internet

A escritora Anxos Sumai prepara Melodía de días usados, a segunda entrega impresa do seu diario na rede. A autora editara xa Anxos da garda, que gañou o Premio da Crítica e acadou unha segunda edición, no que se recollía a crónica de sete meses do 2003 na súa vida, que fora publicando na web …

O Premio Manuel Murguía 2002 é o testemuño dunha correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América

Por fin está publicada. É a obra gañadora do Premio Manuel Murguía 2002: As Cartas do Destino. Onte presentouse esta publicación na Deputación Provincial de A Coruña. Os seus gañadores, os mestres Xosé Manoel Núñez Seixas e Raúl Soutelo levaron a cabo unha labor historiográfica para realizala. Basada na correspondencia real que mantiveron alén 50 …

Galaxia presenta un novo volume da súa colección Biblioteca de Teatro

Malia ter xa publicados sete títulos, aproveitouse esta ocasión para presentar publicamente a colección, subdividida en dúas series, unha de manuais e outra de breviarios. A Casa da Cultura Galega foi a sede escollida para o acto no que Análise e intepretación de textos dramáticos. Unha introdución presentouse como unha aposta de futuro. Baixo unhas …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR