Autor/a destacado/a:
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022
14/10/21

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa sexta edición. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: 1º Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega, conforme á normativa vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas e non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. 2º Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 80 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, ao enderezo:

Premio Illa Nova de Narrativa,

Travesía de Vigo, 71, soto,

36206 – Vigo.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 14 de febreiro de 2022. 3º Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto. 4º O xurado estará composto por lectores/as e persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, serán un total de cinco membros e un secretario ou secretaria en representación da Editorial Galaxia con voz, pero sen voto. 5º O premio outorgarase á obra que por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar deserto o premio. 6º A decisión do xurado será inapelable e farase pública nun acto en Vigo, sempre que as condicións sanitarias o permitan, que se celebrará na primavera de 2022, reservando a entidade organizadora o dereito a modificar esta data ou lugar se así o considera. 7º Entregarase un único premio, indivisible, de 3,000 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes). O autor ou a autora recibirá, ademais, unha escultura simbólica conmemorativa do Premio Illa Nova de Narrativa. A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría. 8º A obra premiada será editada e comercializada pola EDITORIAL GALAXIA na súa colección Literaria. 9º Os orixinais non premiados serán destruídos se despois de 1 mes da decisión non son retirados. 10º A Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 1 mes a partir do día en que se faga pública a decisión, un dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno acordo entre as partes. 11º A participación neste premio implica a plena e total aceptación destas bases.

Patrimonio. Memoria e Identidade

Este debate entorno a diferentes aspectos do patrimonio contou coa participación de Mª Victoria Carballo-Calero (catedrática de Historia da Arte na Universidade de Vigo); Felipe Criado (arqueólogo e profesor da Universidade de Santiago); Anxo Fernández Ocampo (doutor en Tradución e profesor da Universidade de Vigo); Manolo Vilar (historiador e colaborador do Museo do Pobo Galego), …

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester

Carlos G. Reigosa súmase así á nómina de prestixiosos gañadores deste certame entre os que se atopan escritores como Manuel Rivas ou Víctor F. Freixanes. En A vida do outro, Reigosa asume a tarefa de contar unha parte importante, e moi recente, da vida e da historia españolas desde os ollos dun xornalista que, condicionado …

PREPARANDO O NADAL

Hai un mes publicábanse os primeiros títulos da colección "Pimpín por aquí non vin". O Magosto e O Samaín son os primeiros títulos dunha serie formada por fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Grazas a este …

O espectáculo teatral FLIS-FLI-RIS-FLÁS en Vigo

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra …

Conferencia "Editar en galego baixo a censura franquista"

O comisario explicou a transcendencia fundamental que no desenvolvemento da expresión literaria galega tivo a censura franquista, ao teimar en controlar os contidos do que se publicaba así como, fundamentalmente, os seus aspectos ideolóxicos. A dureza da situación obrigou a vivir episodios realmente duros e estraños, como a publicación da Obra Completa de Ramón Cabanillas …

No pasado mes de agosto, morreu en Madrid o escritor Fariña Jamardo

"Non sei se a morte de Fariña tivo algún eco entre nós", escribe Vicente Araguas, "mais eu, que adoito transitar polos nosos xornais, nada atopara ao respecto. E non é ata agora que sei por Manolo Pereira Valcárcel que o noso compañeiro de tertulia no Comercial finara o 19 de agosto no ano en curso, …

Galaxia no CULTURGAL 08

Velaquí a relación de actos organizados por Galaxia nos que agardamos contar coa vosa presencia: – Xoves 4 de decembro, ás 20.00 h, presentación da novela MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ, de Inma López Silva. Premio Blanco Amor 2007. Participan Carlos Lema, Mariana Carballal e a autora. – Venres 5 de decembro, ás 19.00 h, …

Remata a campaña Flis-fli-ris-flás

Mañá sábado remata na cidade de Lugo a campaña de fomento da lingua galega e a lectura, Flis-fli-ris-flás promovida pola Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística coa derradeira das 75 funcións de teatro representadas pola compañía Matapiollos dirixida por Jorge Coira. En total, a campaña chegou á totalidade do alumnado de primeiro …

Libros para o Nadal

Falamos de Editorial Galaxia porque é a nosa casa, aínda que podiamos referirnos tamén a outras editoras galegas que nestas datas presentan novidades. Os días de Nadal e Reis son unha excelente ocasión para agasallar libros e a oferta do libro galego non podemos dicir que non resulte variada: para todos os públicos, para gustos …

Máis visibilidade para o libro galego

No Xornal de Galicia de hoxe ofrécese unha interesante reportaxe na que os responsables da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e de Xerais, Manuel Bragado, dán a réplica ás opinións verquidas por algúns libreiros nos últimos días. Pódese ler a información completa no noso blog do que ofrecemos ligazón á dereita destas palabras.


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR