Autor/a destacado/a:
XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
16/09/22

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

  1. Poderán participar todas as persoas que o de sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega.
  2. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexiblemente esta condición, conforme a calidade obxectiva da obra seleccionada. Deberanse presentar cinco copias dos orixinais en formato DIN A4 mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
  3. O tema dos ensaios será libre mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico. A exposición do tema do ensaio deberase realizar exclusivamente mediante a escritura, sen empregar gráficos, cadros, fotografías ou elementos semellantes.
  4. Os orixinais deberán enviarse por correo certificado, baixo plica, a: Editorial Galaxia, Avenida de Madrid, 44, 36204 Vigo, e indicando no sobre XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
  5. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 30 de novembro do ano 2022 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro.
  6. Establécese un único premio de 3.000 euros (suxeito aos impostos que lle sexan de aplicación), que será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.
  7. Se ningún dos orixinais presentados reunise estes méritos ou o xurado así o considerase, o premio poderase declarar deserto.
  8. A contía do premio inclúe os dereitos de autor da primeira edición da obra gañadora. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o 10 por cento de dereitos sobre o prezo de capa sen IVE, para o autor ou para quen el libremente determine.
  9. A Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección “Ensaio” e na cuberta salientará, ao par da editorial, a Xunta de Galicia, e na contracuberta os logotipos das entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Caixa Rural Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  10. As copias dos orixinais non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas.
  11. A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado, cuxos membros, en número de cinco, nomearanse de común acordo entre as entidades convocantes.
  12. A presentación ao premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.

Castelao sempre en Galiza

A semana pasada cumpríronse 25 anos da volta dos restos de Castelao a Galicia. Nun final de Xuño de 1984, nunha xornada non exenta de incidentes, o corpo do que probablemente é o autor máis emeblemático da nosa literatura, e unha das figuras centrais da nosa cultura, volvían a Compostela para ficar para sempre na …

Luís G. Tosar, Fillo Adoptivo do Irixo

Este sábado, o autor de "Estúrdiga materia", Luís González Tosar recibirá un fermoso recoñecendo ao ser nomeado Fillo Adoptivo do Irixo. A cerimonia celebrarase ás 12.30 nun lugar de nome ben poético, a Ínsua dos Poetas, no quilómetro 4,5 da estrada O Carballiño-Lalín. Este acto está integrado dentro das actividades da I Festa da Palabra. …

Xan López Domínguez candidato ao Andersen

Onte, o IBBY (International Board on Books for Young People), o organismo internacional centrado no estudo da literatura infantil e que premia cada dous anos a traxectoria dun profesional do sector cos galardóns Hans Christian Andersen, decidiu nomear oficialmente candidato na categoría de Ilustración ao galego Xan López Domínguez, de quen no catálogo de Galaxia …

Homenaxe a Xan Bouzada

O departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Vigo, en homenaxe ao que foi un dos seus membros máis sobranceiros, organiza esta mesa redonda baixo o título: "Socioloxía da Cultura e traxectoria de Xan Bouzada". Participan os catedráticos de Socioloxía Fermín Bouza Brey, da Universidade Autónoma de Madrid, e José Pérez Vilariño, da …

Cita coa memoria emigrante

Catro historias. Catro relatos humanos. Catro rexistros diferentes. Pero representativos, cheos de humanidade e de precisión documental, cun excelente talento narrativo que os aproxima á novela (e que lle permite contar cousas que non sempre acerta a contar o historiador), mais sen renunciar á esixencia do dato, o escrupuloso respecto ás fontes. Así describiu Pilar …

Loa aos escritores de Galicia

Esta fin de semana, distintos actos recoñecerán as traxectorias e o respecto que os galegos e galegas sentimos polos nosos autores. Por unha banda, Agustín Fernández Paz recibirá a "Letra E" da Asociación de Escritores en Lingua Galega na súa Vilalba natal, mentres que, en Moaña, serán recoñecidos Manuel María e Bernardino Graña. Por decisión …

Desaparece Libro Aberto

A decisión de suprimir da programación o espazo "Libro Aberto", que dirixía o escritor Luis Rei Núñez e presentaba o poeta Manuel Romón, está a causar fonda preocupación no sector editorial e nos amigos dos libros. Debemos supoñer que os responsables da TVG deseñarán proximamente un novo espazo das mesmas ou similares características para responder …

1Q84. A nova novela de Murakami

Dous volumes de 500 páxinas conforman "1Q84", a nova aposta narrativa de Haruki Murakami, que hoxe ve a luz no seu orixinal xaponés. O obra aborda o medo e é tanta a demanda que a editorial xaponesa xa ten preparadas tres edicións listas para saír. Haruki Murakami é, tamén, un dos nomes importantes do catálogo …

Galicia, unha economía europea

Se onte falabamos dos libros de Camilo Nogueira, esencial a súa lectura a unha semana escasa das eleccións europeas, hoxe é tempo de lembrar outra das novidades que Galaxia vén de publicar na súa colección Ensaio arredor da temática Europea. "Galicia, unha economía europea" é unha obra que sae das mans de Albino Prada Blanco …

Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia

A pesar de que o Día das Letras quedou atrás, a obra e vida de Ramón Piñeiro seguen a ser obxecto de estudo por parte dos máis importantes coñecedores da súa figura. Hoxe, Carlos Fernández falará sobre o autor de Láncara, ás 20.30 horas, no Burgo, no Edificio Multiusos do Concello de Culleredo. A súa …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR